Censea somos unha empresa, formada por enxeñeiros agrícolas, que ofrece amplos servizos dentro de este campo traballando a nivel Galicia, dedicada practicamente na súa totalidade a vacún de leite. Contamos con unha ampla experiencia dentro deste de sector, tendo como obxectivo principal axudar aos gandeiros cos seus proxectos do xeito máis exitoso posible. Contamos con experiencia e importantes casos de éxito nas catro provincias galegas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Censea formouse para colaborar nos diferentes ámbitos nos que gandeiros, fundamentalmente do sector vacún, necesitan para o seu crecemento, nacemento ou consolidación.
Durante a nosa traxectoria profesional tivemos a oportunidade de axudar a que os nosos clientes conseguiran os seus obxectivos con éxito, a trazar con eles un plan que lles permitiu a consolidación da súa explotación gandeira e tamén, en moitos casos o seu crecemento, traducíndose este en creacións de novas explotacións, espazos de almacenaxe ou compra de novas propiedades.
Un dos traballos que máis nos enche de orgullo son os proxectos de emprendemento, a través do cales podemos axudar a mozos e mozas de Galicia a continuar proxectos gandeiros, seguindo así coas sagas familiares que veñen de xeracións anteriores.
Non so deseñamos proxectos, se non que tamén colaboramos coas tramitacións das diferentes axudas para o seu desenvolvemento na continuación, crecemento e consolidación.
En Censea queremos axudarvos a medrar, formar parte do voso equipo e, deste xeito, facer medrar o rural.
Si necesitas axuda, ou tes un proxecto no rural, vinculado con gando vacún, non o dubides e pídenos información, estaremos encantados de atenderche.