Tramitamos e asesoramos aos nosos clientes nas seguintes axudas:
Asesoramento en xestión de Axudas PAC (entidade autorizada colaboradora co FOGGA, entidade de Aconsellamento inscrita no RESAXEGA. Durante os últimos anos tramitamos máis de 1 millón de euros por campaña en máis de 200 solicitudes). Tamén facemos cesións e venda de Dereitos de Pago Básico.
Desenvolvemos axudas para Agroambiente-clima e agricultura ecolóxica.
Axudas solicitude plans de mellora e incorporacións de xóvenes a empresa agraria, mediante as cales os novos gandeiros poden construír, mercar e mellorar a construción, compra e mellora de bens inmobles, compra de novas maquinarias, plantación e mellora de certos cultivos, compra de terreos ou compra e desenvolvemento de programas informáticos, entre outras ferramentas.
Asesoramento en xestión de axudas de desenvolvemento rural (GDR), estratexias de desenvolvemento comarcal nas cales se inclúen as principais posibilidades, oportunidades e necesidades de cada un dos territorios dende os diferentes puntos de vista (económico, social…).
Entidades asociativas (asociación veciñais, de xuventude, SAT, CUMAS, Cooperativas), asesoramos na formación e creación de cada unha das agrupacións mencionadas anteriormente, encargándonos de todas as fases de xeito íntegro: redacción de estatutos, alta e xestión en organismos oficiais e calquera outra necesidade que poida xurdir os integrantes das mesmas, así como a tramitación das axudas neste senso.
Axudas en vivenda, tramitación de axudas para reformas de vivenda. Dentro do noso coñecemento na área de axudas podemos chegar tamén a aquelas que non estean directamente relacionadas co ámbito profesional dos nosos clientes, se non que se vinculen de xeito directo o entorno persoal.
Aforro enerxético, INEGA, biomasa, placas solares. Dado o auxe e a importancia da conciencia medioambiental, como enxeñeiros agrícolas preocupados pola natureza e o medio ambiente, consideramos básico e fundamental este punto. Transmitimos a nosa preocupación a todos os nosos clientes, para que sexan conscientes e aposten no seu crecemento por estas novas enerxías que permitan un mundo máis sostible e prolongado no tempo tramitando todo tipo de axudas relacionadas con este ámbito.
Somos coñecedores en profundidade de cada unha das axudas, o que nos permite saber cal se axusta máis as necesidades reais dos nosos clientes e por tanto podémoslle facer a mellor asesoría posible.
En Censea, queremos desenvolver contigo o teu proxecto!